
INTRODUCIÓN
TECMEC é un grupo de tres estudantes da Universidade de Vigo, da facultade de Ciencias da Educación, en Ourense. Foi creado para a realización de proxectos dunha das asignaturas, Novas Tecnoloxías.
O noso grupo escolleu como tema principal dos nosos proxectos “O Universo”, en concreto, o noso Sistema Solar, xa que é un tema que nos chama moito a atención e consideramos que lle gusta moito ao alumnado e que, en xeral, lles parece moi interesante. Ademais, está orientado cara o alumnado de terceiro e cuarto de Educación Primaria, que é o curso correspondente a cando dan este tipo de contidos.
Esta páxina web contén múltiples vídeos explicativos e xogos educativos que farán que a aprendizaxe do tema sexa moito máis doada e divertida que seguindo unicamente o libro de texto. Estas actividades axudarán ó alumnado a recordar, aprender e reforzar os contidos precisos para sacar adiante a unidade didáctica, a parte de conter información complementaria que lles pode resultar de gran interese.
En canto á orde na que dispuxemos os diferentes materiais creados ou seleccionados, foi elixida en función a como tratariamos o tema; recordar coñecementos previos, introdución do tema, ensinanza, práctica, reforzo e creación.
No inicio da web podes atopar un póster con numeroros xogos e vídeos cos que poden ir adquirindo coñecementos e recordando algúns dos que xa eran conscientes, ademais, atopase un código QR que é un enlace ao noso blog por se precisan axuda en algo ou queren comentar calquera cuestión.
A continuación, atópase unha WebQuest coa que continuarán aprendendo contidos de forma divertida, tanto individual como grupalmente. Posteriormente, poderán repasar e reforzar o aprendido mediante a realización de máis xogos e vendo vídeos.
Por último, engadimos un audiovisual feito por nós mesmas, que podería ser un proxecto final feito polo alumnado coa nosa axuda co que repasar os contidos. Tamén poden realizar unha maqueta explicativa, como o circuíto luminoso que podes atopar no apartado de anexos.
Calquera dúbida podédela comentar no noso blog ou no correo eletrónico que atoparedes na portada e no póster.
Esperamos que esta web sexa de voso agrado e que aprendades moitas cousas con ela.
Un saúdo!!
