top of page

AUDIOVISUAL
Audiovisual: Acerca de

Como proxecto final deste tema, realizamos este audiovisual explicativo. Consiste nun vídeo feito polo alumnado e orientado polo profesorado, no que os nenos e nenas reforzan o aprendido dunha forma creativa e cooperativa, creando un vídeo sobre o que deron nese tema. Unha vez rematado pode servir de repaso se o miran de novo.
Para facelo necesitaredes:
- Bolas de poliespan de diferentes tamaños (9/10 dependendo de se queredes facer a Plutón ou non).
- Palillos longos para cravar as bolas.
- Rotuladores ou acrílicos con pinceles para pintar os planetas.
- Un móbil ou cámara de vídeo.
- Un guión do que van dicir.
- Creatividade para darlle un toque personalizado.
Cando teñades todo só teredes que pinchar as bolas nos paus, pintalas, preparar o guión e gravarvos interactuando cos obxetos mentres contades o pactado no guión.
Audiovisual: Bienvenido
bottom of page
