top of page

ANEXOS

Se o alumnado quedou con ganas de aprender máis e lle gustan as manualidades, este proxecto é perfecto para eles e elas. Presentámosvos unha actividade complementaria feita con paper circuits. Trátase dunha maqueta sinxela, divertida e educativa que lles permitirá aos/ás estudantes realizar os seus propios recursos educativos integrando a tecnoloxía neles. 


Para a súa elaboración necesítanse poucos materiais: unha base de cartón, bolas de polietileno de diferentes tamaños (para representar os planetas), paus de madeira, cinta de cobre, luces LED, unha pila e algún clip para facer de interruptor. 


A finalidade deste circuíto luminoso é que o alumnado, a través de diferentes xogos e exercicios, adquira e repase os contidos da unidade. Por exemplo, o/a docente pode formularlle aos/ás nenos/as unha serie de preguntas sobre os planteas e eles/as terán que responder facendo iluminar a opción correcta.

Anexos: Acerca de

©2020 por TECMEC. Creada con Wix.com

bottom of page