top of page

CONCLUSIÓNS

Con este proxecto queremos realizar un método de adquisición e repaso dos contidos do tema e que á vez sirva coma unha guía, con varios recursos que poden ser útiles para os alumnos e alumnas nun futuro para a mellora dos seus traballos.

Este traballo ten moitas finalidades didácticas, entre elas, que os/as nenos/as aprendan a usar as novas tecnoloxías, a buscar información na rede e aprender a contrastar e sintetizar a información dada.


O noso obxectivo é proporcionar ferramentas e actividades que resulten entretidas e visuais para o fomento da aprendizaxe de, neste caso, o tema do Universo. Tamén queremos que aprendan a colaborar e a traballar en equipo, de xeito que tamén saiban axudarse e poidan aprender uns dos outros.

En canto a nós, a creación dos diferentes elementos deste proxecto ensinounos a utilizar e descubrir ferramentas que nunca víramos e que poden resultar de gran utilidade no noso futuro como docentes para crear actividades novas e inéditas para axudar ó alumnado a divertirse mentres aprenden. 


Ó facer este traballo en grupo tamén aprendimos a traballar mellor en equipo e a axudarnos mutuamente, incluso nesta situación actual con respecto ao COVID-19.

Conclusións: Acerca de

©2020 por TECMEC. Creada con Wix.com

bottom of page